O subdelegado do medio rural reúnese co grupo de goberno de Pontecesures

    O Grupo de Goberno de Pontecesures mantivo esta semana unha reunión co delegado provincial do medio rural, Gonzalo Constenla para plantexar as demandas máis prioritarias do concello.  A primeira trátase do ancheamento do vial de Couto, obra proxectada pola administración anterior pero insuficente para comunicar os lugares de Carreiras e Condide. Outra das necesidades de Pontecesures é a adquisición dun tractor desbrozador para o monte público. O Delegado comprometeuse a visitar o lugar da Toxa para estudiar a creacción dun novo acceso que permita que tódolos servizos cheguen os veciños. Esta é unha demanda histórica no concello de Pontecesures xa que a estreitez dos viais impiden o paso a camións e ambulancias. Por último o concello pidiu o remate dun vial entre os términos municipais de Valga e Pontecesures, no lugar da Charca, que debido a dificultades de cesión por particulares non puido levarse a cabo ata de agora.