Durán di que co actual PXOM Condes de Albarei non pode facer un hotel no Pazo de Baión

    duran_baion100_180708_copy.jpgVILANOVA > O alcalde de Vilanova advertiu hoxe que Condes de Albarei non poderá construír un hotel no Pazo de Baión.

    {flowplayer}images/salnes/duran_pazo_baion.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > O alcalde de Vilanova advertiu hoxe que Condes de Albarei non poderá construír un hotel no Pazo de Baión. Gonzalo Durán explicou que todo se debe á decisión da Xunta de rexeitar o novo PXOM. Nese planeamento, o goberno local si recollía a posibilidade de dar un fin turístico ós terreos posto que agora só figuran como plantación de albariño.

    O alcalde indicou que sucede o mesmo con outra propiedade coa que se acaba de facer Condes de Albarei no Rial. Nas normas vixentes figuran como zona verde polo que non poderían edificar neses solares. Para Durán a solución máis rápida para poder darlle licencia á cooperativa cambadesa é que a Xunta aprobe o novo PXOM.

    O rexedor vilanovés dirixiu duras críticas ó goberno galego. Especialmente despois de recibir unha invitación da Consellería de Sanidade para participar nun acto o día 23 no Pazo de Baión baixo o lema ‘E a victoria chegou. Pazo Baión’. Durán pregúntase a que victoria se refiren, cando o narcotráfico medrou desde a intervención do Pazo de Baión en 1999 e incluso hai a penas un mes os Charlíns puideron recomprar propiedades que lles foran embargadas.

    Pese a estas críticas, Durán deixou claro a satisfacción do goberno local porque ser unha empresa do Salnés a que se fixo co Pazo de Baión.

    Redacción Salnés