![]()
O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, reuníuse esta semana co director xeral de urbanismo en Santiago para tratar posibles cambios no planeamento urbanístico municipal. O vindeiro lúns reunirase coa secretaria xeral para o Benestar Social e Igualdade para pedir máis axudas os servicios socias nos concellos.
O encontro do alcalde de Vilagarcía có director xeral de urbanismo serviu para examinar o estado de tramitación da última modificación puntual do PXOM que posibilitaría a ampliación de zonas libres e espazos públicos a cambio dun incremento nas alturas en determinados solos pendentes de desenvolver urbanísticamente.
Na xuntanza tamén se falou sobre a construcción no litoral. Estas competencias, que antes dispoñía a consellería de pesca, volveron co novo goberno a dirección xeral de urbanismo. Deste xeito analizouse a problemática que xurdeu pola aplicación da lei de costas, considerada errónea polo concello vilagarcián e que estaba a perxudicar a veciños dos núcleos urbáns de Carril e Vilaxoan. A resposta en Santiago foi moi positiva.
Redacción Salnés










