A folga de transportes desabastece os supermecados do Salnés

    A comarca do Salnés está comezando a sufrir o desabastecemento producido pola folga de transportes. Despois de que patronal e goberno non chegaran a nengún acordo, hoxe a folga extendeuse a nivel nacional. Nos comercios podese observar a falla de productos frescos, como ovos, leite, carne ou yogures, as gasolineras temen non poder suministrar máis gasóleo nuns días se a folga continua e o paro ameaza con paralizar a recollida de lixo.

    O comercio e a industria da comarca enfróntanse esta semana a unha folga de transportes que ameaza coa paralización das empresas. Miles de camioneiros iniciaron hoxe unha paralización indefinida en toda España para protestar pola suba do gasóleo que arrastra o sector a unha crises importante. No Salnés comezase a apreciar as consecuencias da folga, os supermecados da zona están xa desabastecidos de productos frescos como son yogures, carne ou froita. O leite e outros productos de primeira necesidade tamén se ven afectados. Nos vindeiros días, se continuan as paralizacións, será o carburante o que fallará.

     Se os transportistas non chega a un acordo no día de hoxe co goberno a situación podería empeorar. As plantas de recollida de lixo tampouco poden traballar polo que os camións non recollen os desperdicios. Esta tarde Sogama enviou un convoy a ecoplanta de Ribadumia para retirar os residuos acumulados. Os camións iban escoltados polas forzas do orde para evitar os piquetes que se suceden por tódala comunidade. A Unión de Profesionais de Transportistas Autónomos da provincia de Pontevedra paralizou todalas actividades programada o entender que os pequenos transportistas tamén son perxudicados pola suba do gasóleo. As confrarías de pescadores do salnés, están a espera de decidir se apoian a realización dunha folga da flota de baixura polo excesivo coste de combustibles. Hoxe saíuse a faenar ainda que están a espera das negociacións coa ministra de pesca, Elena Espinosa.

     

    Redacción Salnés