Cambados inicia a tempada teatral para toda a familia

    teatro_infantil_copia100.jpgCAMBADOS> Dende o 9 de xaneiro ata o 7 de febreiro, grandes e pequenos disfrutarán dunha variada programación que misturan diversos estilos artísticos.

    {flowplayer}images/salnes/TEATRO_INFANTIL_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    A primeira das funcións ofrécese a través dunha colaboración coa editorial Galaxia. Trátase do espectáculo titulado "FLIS FLI RIS FLAS", representada pola compañía Matapiollos. Volven as historias de Martiño, o neno que amaba os libros e o mar pero tiña medo da escuridade. O resto das obras correspóndense coa programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

     O 17 de xaneiro, representarase “Contos mariñeiros” da compañía Gazhafellos. Aquí, darase un repaso pola cultura mariñeira fomentando o respecto e o interese polo mar.

    Para a semana seguinte, espérase a aparición da obra revolución da tempada. Chegan a Cambados "Os Bolechas". O espectáculo mostra un día na vida desta divertida familia.

    Para o domingo 31, chega "O paxaro de lume" de Viravolta Títeres. É un espectáculo que combina marionetas e música en directo, para trío de piano, violín e clarinete. Esta actuación leva consigo unha exposición dos mellores títeres de Viravolta.

    E para finalizar a tempada teatral, "Tristán cara de can", da compañía do Elefante Elegante. Unha comedia xestual interpretada ó estilo dos debuxos animados.

    Redacción Salnés