Música, animación infantil e un bingo solidario na segunda Festa da Diversidade de Cambados

CAMBADOS> Carolina Smith, a primeira transexual galega, será a pregoeira da segunda Festa da Diversidade de Cambados. A iniciativa, que se vai celebrar este venres, volve apostar polas actividadea infantís e tamén pola música para tódolos públicos. Ademais, haberá un bingon solidario en favor de ‘Esmar non á violencia’.

En Cambados xa ondea a bandeira multicor. A vila prepárase para a conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+, impulsando a segunda edición da Festa da Diversidade. Vaise celebrar este venres, logo do bo sabor de boca que deixou a primeira experiencia do ano pasado.

Así que este ano o Concello volve apostar polos eventos festivos para o Orgullo, cunha programación pensada para tódalas idades. Pola tarde, con actividades para a rapazada.

Ás nove do serán chega unha das novidades desta segunda edición: a lectura do pregón. Correrá a cargo de Carolina Smith.

A continuación, segue a troula cunha festa diversa cunha escolma musical de referencia para o colectivo LGTBI. Ademais, organizarase un bingo solidario en favor de ‘Esmar non á violencia’.

Tódalas actividades desta segunda Festa da Diversidade son de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí