Telmo Martín desconvoca a reunión con Ronda Non

    Finalmente non hai reunión hoxe entre o goberno municipal de Sanxenxo e Ronda Non. A esixencia do colectivo de que estivese presente non encontro a oposición é a principal razón que apunta Telmo Martín para desconvocar esta xuntanza.

    O Goberno Municipal de Sanxenxo desconvocou a reunión con Ronda Non prevista para esta tarde ante a esixencia do colectivo de que estivese presente a oposición. O alcalde, Telmo Martín, argumentou en conversación telefónica co voceiro de Ronda Non que a presencia da oposición nesta xuntanza non tiña cabida neste encontro, xa que estaba previsto contestar ás tres propostas que fixo o colectivo na primeira reunión.

    O Goberno Municipal asegura que despois de estudar estas propostas lle gustaría expresar a súa opinión e ademais comunicarlles outras tres posibilidades que está diposto a por enriba da mesa. Lembra que na primeira reunión se limitou a escoitar e di que agora lle gustaría falar. Explica logo, que a incorporación da oposición tería sentido nunha seguinte reunión, sempre que llo fagan saber directamente ó Goberno Local. Asegura que de momento non lles consta o seu interese senón que só é unha esixencia de Ronda Non.

    O Concello insiste en que mantén a súa intención de dialogar cos que se opoñen ó proxecto da Avenida Aviador Piñeiro pero mantén que non pode aceptar esixencias que responden máis a intereses partidistas que a unha lóxica de verdadeiro diálogo.

    Redacción Salnés