VILAXOAN> A veciñanza de Vilaxoán esixe ao concello de Vilagarcía un mantemento constante do lavadoiro da vila. Dende a plataforma Esperta Vilaxoán organizaron unha limpeza da instalación como forma de protesta.
O lavadoiro de Vilaxoán atópase en bo estado grazas ao traballo da veciñanza. Despois de meses reclamando o mantemento da instalación, dende a plataforma Esperta Vilaxoán organizaron o sábado unha quedada para limpar o lavadoiro.
Aínda que a limpeza fíxose como reclamación, no acto non falto o sentido do humor. A xornada acompañouse con comida e música.
A pesar que o lavadoiro xa luce un mellor estado, aínda ten deficiencias que son necesarias reparar.
Dende a plataforma darán dúas semanas ao concello para que tome algunha medida ou se poña en contacto con eles. Se continúan sen resposta volverán mobilizarse con iniciativas reivindicativas e sen perder o sentido do humor.