Esta fin de semana puxoxe o peche das actividades da Escola de Navegación e Aparellamento da Illa de Arousa. Como non podía ser doutra maneira o fin do ano de regatas estivo na entrega de premios as Dornas máis regulares das regatas Vela Galicia 2.005.
A xornada comezaba na Illa de Arousa nas instalacións da escola de vela no Bao. Alí as embarcacións tradicionais saíron o mar onde se estableceron tramos a vela e a remo como regata de peche da tempada. Xa a noitiña os competidores dirixíronse a recoller os seus premios e agasallos. Houbo para todos, as 51 embarcacións que participaron no Trofeo de Dornas a vela 2.005 levaron o seu premio. Despóis chegaron os trofeos das embarcacións máis regulares. A dorna vencedora foi a “Liviana” patroneada por Tomas Pérez e “Peixe” do Naútico Rodeira de Cangas. O segundo foi para “Bazarra” patroneada por Juan Luis Iglesias e Ignacio Prieto da ACD Dorna. No terceiro lugar pero non menos importante estivo “Forza R” patroneada por josé Manuel Parada e Alberto Iglesias tamén da ACD Dorna. Non se pudo esquecer a labor de embarcacions como “Pereka” que aspiraba a ser das primeiras ainda que non puido rematalo campionato, o non poder asistir a última regata da competición. Entre actuacións máis destacadas estiveron as de “Nécora” e “Xarandeira” que estiveron nos primeiros postos durante case tódolo torneo.
Redacción Salnés