BOIRO > Os socios do Club Deportivo Boiro veñen de manter unha reunión para a análise do proxecto contemplado na zona da Pedreira mediante o convenio entre o concello e Eroski, que suporá a desaparición do actual campo de fútbol. A directiva do equipo acordou a cesión das actuais instalacións a cambio da construción dun gran complexo deportivo.
O presidente do Club Deportivo Boiro, Ramón Hermo, fixo referencia á asemblea de socios na que se abordou as compensacións que solicitará a entidade pola máis que posible perda do campo Municipal de Barraña.
Así solicitarán a construción dunha minicidade deportiva, na que se incluirian tres campos de fútbol.
Ademais das infraestruturas destinadas ó futbol, a intención do club é que se constrúa tamén un polideportivo cuberto, con dúas canchas de tenis e unha pista de atletismo, ubicada fora dos terreos de xogo.
A única condición da sociedade deportiva á hora de negociar será que as novas instalacións, a excepción da piscina climatizada, están rematadas antes de que se produza a ocupación do Campo de Barraña.
En canto á ubicación do novo complexo, os socios do club non esixen un lugar determinado senón que se barallan varias posibilidade como a de situalo na Pedreira ou ben en Vista Alegre, onde xa existen dous campos de fútbol. O único requisito é que tódalas infraestruturas estean xuntas.
Ramón Hermo considera que estas solicitudes son bastante factibles e virán non só a favorece-los intereses da entidade que preside senón que beneficiarán a tódolos veciños do municipio.
Os responsables da entidade deportiva xa trasladaron a súa proposta ó goberno local e, en vindeiros días manterán outro encontro para analiza-las principais liñas do proxecto.
Redacción Barbanza