VILAGARCÍA > O Pleno de Vilagarcía aprobou correxi-lo erro no planeamento para que a parcela onde se fará o BricoKing sexa urbanizable.
Nun principio optárase pola modificación, pero a Dirección Xeral de Urbanismo recomendou correxilo como un erro para que a finca de 400 metros cadrados da zona de Rubiáns pase a ser urbanizable e se poida face-lo BricoKing.
O goberno local contou para iso co apoio do PP e Ivil. O BNG abstívose e Esquerda Unida pronunciouse en contra por considerar que se trataba dunha oportunidade para redefinir o que se pretende facer nunha das zonas máis afectadas polas riadas.
Abastecemento de auga
Por outra banda o alcalde anunciou no pleno, en resposta a unha pregunta do BNG, que está previsto licitar en febreiro a mellora no abastecemento de auga a Vilagarcía, que xa foi supervisada técnicamente e conta con tódalas autorizacións. O documento está na fase de fiscalización, onde o interventor garante que hai cartos suficientes para sacalo a contratación. O retraso, segundo Gago, debeuse á tardanza de Vilanova en da-lo permiso, posto que tamén lles afectará.
Redacción Salnés