A campaña do Día do Pai de Zona Aberta inclúe este ano o sorteo du dúas experiencias turísticas

VILAGARCÍA> Todo listo en Zona Aberta, en Vilagarcía, para a campaña do día do pai. A novidade deste ano son dous novos premios, que se suman ao habitual sorteo.

Nesta ocasión premiarán aos seus clientes cunha experiencia xacobea pola zona do Salnés e cunha visita a Cortegada. Un xeito tamén, explican dende a asociación, de fomenta-lo movemento turístico dentro da comarca.

Ademais, como sempre, sortearán vales de compra entre os seus clientes. Este ano, poñen en xogo tres premios: de 200, 150 e 100 euros.

Trátase, ademais, da primeira campaña dende a fusión de Zona Aberta con Ahituvi, polo que desta volta entrarán no sorteo aquelas compras feitas no comercio asociado e tamén nos establecementos hosteleiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí