Membros do executivo tripartito de Boiro presentaron esta mañá o conxunto de obras hidráulicas e de saneamento que comprende actuacións xa rematadas ó longo deste ano, así como obras en execución ou taínda en proxecto, que teñen como finalidade dotar do servizo de abstecemento e alcantarillado a tódolos núcleos do municipio.
As obras hidráulicas e de saneamento contempladas para o concello de Boiro supoñen un investimento total próximo ós 4.200.000 euros, dos cales un millón seiscentos mil corresponden a obras en execución ou xa rematadas e máis de dous millóns e medio serán destinados a obras en proxecto.
Dentro do Plano Operativo Local 2000-2006 da Deputación da Coruña inclúese a segunda fase do colector do río Breiro, o saneamento nos núcleos de Brazos, Loimar, Arribada e Vidres e as melloras de abastecemento de auga en Borio e Cabo de Cruz. Así mesmo, aprobouse tamén o saneamento en Trebonzos, San Martiño, Bealo, Comba e Nine pero está todavía pendente de adxudicación. No Plano Provincial de Obras e Servizos 2005 contémplase as melloras no asfaltado e saneamento en Miramar, Gaboteira, Camiño de Sobreir, Camiño de Xarmea e Corbiño e Areal.
A relación de actuacións contempla tamén una obra realizada en convenio coa antiga consellería de Polñitica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que consiste na pavimentación e saneamento en Ferreiros.
Entre as obras subvencionadas por Augas de Galicia figura a primeira fase de colector do Río Breiro, actualmente en execución, e a reparación do colector da Ribeira Grande. Tamén se está a acometer un proxecto en convenio coa comunidade de montes para a instalación da rede de sumidoiro en Treites, Treites de Abaixo e Louriño.
Por último, atópanse en proxecto tres importantes actuacións como son o abastecemento de auga de Cespón e Abanqueiro, o Saneamento de Boiro de Arriba e o saneamento Integral da conca do Río Coroño.
Pola súa banda, o alcalde de Boiro, Xosé Deira, insistiu na necesidade de que o concello teña garantido o abastecemento de auga e a rede de sumidoiros a tódolos veciños polo que pediu a súa colaboración para levar adiante as actuacións de mellora.
Redacción Barbanza