A segunda edición da Salnesparty despídese ata o ano que ven

    salnesparty copia100.jpgCAMBADOS> Decenas de afeccionados á rede e ás novas tecnoloxías acudiron a esta cita de dous días na vila cambadesa.

    {flowplayer}images/salnes/PECHE_SALNESPARTY.flv{/flowplayer}

    A segunda edición da Salnesparty despediuse hoxe ata o vindeiro ano. A concentración, que durante toda esta fin de semana Cambados dedicou ós internautas no salón de exposicións José Peña, pechou hoxe as súas portas cunha valoración máis que positiva.

    Decenas de afeccionados á rede e ás novas tecnoloxías acudiron a esta cita de dous días na vila cambadesa. Unha concentración na que os concursos dalgúns dos videoxogos máis populares, a conexión de banda ancha de dez megas e a boa compañía, convertéronse nalgúns dos principais reclamos.

    Ó igual que o ano pasado, a organización deste evento correu ó cargo da asociación AINDA, que volveu contar co apoio do concello de Cambados.

    E aínda que acaban de pechar as portas desta segunda Salnesparty, a organización xa pensa no vindeiro ano. Tódolos preparativos e as novidades pódense seguir a través da súa web, www.salnesparty.es

    Redacción Salnés