A guerra en Ucraína provoca un aumento de cancelación de voos nas axencias de viaxes

CAMBADOS> O medo e a incerteza provocado pola guerra de Ucraína volve golpear ao sector do turismo. As axencias de viaxes indican que dende o estalido do conflito recibiron unha gran cantidade de cancelacións de voos e viaxes. Algunhas compañías regresaron aos Ertes debido á caída de clientes.

Un dos sectores que se viu máis afectado pola pandemia foi o do turismo, especialmente, aquelas axencias de viaxes que traballaban con destinos internacionais. Unha vez mellorada a situación e cando o sector volvía á normalidade, a guerra de Ucraína volve sacudir ás axencias de viaxes.

Dende o inicio do conflito, as axencias están recibindo moitas cancelacións de voos.

As cancelacións teñen que ver sobre todo con clientes máis maiores, a xente máis moza, aproveita agora para realizar viaxes en grupo. Dende as axencias tranquilizan aos clientes asegurando que viaxar é seguro.

A situación xera unha gran incerteza para o futuro do sector. As esperanzas pasa polo fin da guerra e porque a xente se anime a viaxar polo país e pola comunidade como aconteceu no pasado verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí