Aparece morto na súa casa un ancián de Noalla

    SANXENXO > Os habitantes de Noalla espertaron cunha tráxica noticia. Un ancián apareceu morto no seu domicilio. Foi un dos seus veciños quen se percatou de que algo raro sucedía xa que levaba sen velo uns días. Ata o lugar desprazouse a alcaldesa de Sanxenxo e responsable da concellería de Servizos Sociais, Catalina González.

    mortosanxenxo_300_280207.jpgOs veciños din que era un home solitario, con pouca vida social. Daniel Torrado Torres de 77 anos apareceu morto na súa casa de Noalla. Levaba tres días morto. A súa ex-muller e unha das súas fillas acudiron ao seu fogar unha vez que se coñeceu a noticia. De momento descoñécense as causas do falecemento e todo apunta a unha morte natural. Daniel Torrado Torres, un labrego retirado, naceu e morreu na casa na que apareceu morto. Os seus veciños din que era unha persoa distante sen a penas relación con eles. A parella levaba 26 anos separada e tiñan dous fillos en común. A xuíz autorizou o levantamento do cadáver sobre as dúas da tarde do mércores.

    Redacción Salnés