Cambados solicita a declaración de BIC para o Muíño da seca

CAMBADOS> Cambados solicita a declaración de Bic para o muíño da seca. O concello decatouse ao solicitar as obras de restauración que a catalogación deste monumento fora paralizada hai 40 anos. A vila xa presentou toda a documentación e agarda que sexa considerado un ben de interese cultural nun prazo de arredor dun ano.

Cando o concello de Cambados realizou a solicitude para comezar os traballos de restauración do muíño da seca, decatáronse de que o museo non estaba catalogado como ben de interese cultural. Os tramites para iniciar esta catalogación fixéronse hai máis de 40 anos pero quedaron paralizados. Agora o concello reactivou a solicitude para tramitar a declaración de Bic

Dende o concello critican ao Partido Popular, que gobernou máis de 20 anos na vila, e ao Bng, que era o encargado de patrimonio na última reforma do 2017, por non decatarse da situación do muíño. O goberno local considera que para Cambados é moi importante que se considere ao muíño como un monumento.

A catalogación de Bic tamén aumentaría a protección do muiño.

Os prazos para que se aprobe esta catalogación poden tardar entre os 6 meses e o ano se todo o enviado é valido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí