Teatro, reciclarte, xogos de sempre e charlas no rural de Vilagarcía

    A Concellería de Xuventude de Vilagarcía iniciou esta tarde a terceira fase do seu programa de actividades lúdicas e formativas dirixidas a rapaces do medio rural. Ata finais de mes desenvolveranse cursos de teatro e reciclaxe, xogos e charlas.

    Teatro infantil, reciclarte e xogos de sempre, son as ofertas de ocio que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía no rural. En Guillán comezou esta tarde o curso de teatro, que se desenvolverá tódolos martes e xoves de seis e media a sete e media na casa de cultura. Na Xunqueira, o cursiño celebrarase no local parroquial os venres de cinco a seis da tarde.

    Outra actividade será reciclarte, que comeza mañá en Guillán e remata o 30 de novembro. As clases seran de seis a sete e media tódolos mércores. En Cea, comeza o día 28 e será os venres de cinco a seis e media ata o 25 de novembro. Por último, na Torre, as clases serán os luns, de seis e media a oito, desde o 7 de novembro ata o 12 de decembro.

    Na programación tamén se inclúen xogos de sempre, na casa de cultura de Carril, desde o 8 de novembro ata o 20 de decembro. As actividades complétanse con charlas na casa de cultura da Torre, unha sobre Prevención de Hábitos Nocivos, o 8 de novembro, e outra sobre Deseño de Proxectos, o 20 de decembro.

    Redacción Salnés