Sanxenxo acolle unha Xornada sobre Lexislación Turística

    SANXENXO> Esta mañá celebrouse en Sanxenxo unha Xornada sobre Lexislación Turística, organizada polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Na mesma participaron o alcalde de Sanxenxo ou a Directora Xeral de Turismo de Galicia, entre outros. O salón de actos do Auditorio Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, acolleu este xoves a Xornada sobre Lexislación Turística. Unha iniciativa moi produtiva para os profesionais do sector, que puideron actualizarse en canto a achegas autonómicas e diferentes regulamentos relacionados co sector. A xornada estivo dividida en dúas partes. a primeira estivo dedicada ao Turespazo e a segunda a lexislación turística. Ademais falouse tamén da nova incorporación dun sistema de valoración por puntos para os hoteis e pensións e a incorporación do termo “superior” en todas as categorías. Unha xornada na que os membros do sector da hostalería puideron asistir de balde, e poñerse ao día das novidades que nos vindeiros meses afectaran o mesmo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/ptac_turismo_nava_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/ptac_turismo_nava_sanxenxo.mp4{/flowplayer}