![]()
SANXENXO> Presidente da Deputación e alcaldesa visitaron a vía, así coma o novo posto de información turística e a torre de vixilancia da praia de Baltar.
{flowplayer}images/salnes/Louzan en Sanxenxo.flv{/flowplayer}
Rafael Louzán e Catalina González visitaron a rúa Sanxenxo para comprobar o remate das obras de humanización do vial. O proxecto, enmarcado dentro do plan Circula, contou cun presuposto de 2 millóns de euros. Os traballos dirixíronse a mellorar as condicións da zona para satisfacer a veciños e turistas, habilitando as vías para o tránsito de persoas e vehículos e aumentando a súa seguridade.
Durante a visita a alcaldesa e o presidente do organismo provincial tamén anunciaron a concesión dunha nova obra. Neste caso, os traballos dedicaranse ó asfaltado da rúa Bordóns, continuación da rúa Sanxenxo.
O percorrido completouse coa visita de ambos dirixentes á praia de Baltar. Desde hoxe o areal conta co seu quinto punto de información turística e unha nova torre de vixilancia para os gardacostas. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de entregar as bandeiras azuis ás súas praias. O concello é o que conta con máis destas distincións en España.
Redacción Salnés









