Jara Ortiz amosa aos máis pequenos a loitar polos seus soños no seu espectáculo do Festiclown

VILAGARCIA> A diversión e o humor invaden estes días Vilagarcía coa celebración do Festaclown. Malabaristas, pallasos ou trapecistas altérnanse nas diferentes prazas e parques para que os espectáculos cheguen a toda a vila. No parque Miguel Hernández abriu o Festa Clown este xoves Jara Ortiz cun espectáculo de conta contos no que amosou aos máis pequenos que poden loitar polos seus propios soños.

Dentro da programación das festas de San Roque en Vilagarcía, destaca un evento que enche as rúas de diversión e humor, o Festiclown. Á marxe do espectáculo adiantado ao día 13, dende este mércores, malabaristas, pallasos e trapecistas altérnanse nos parques e prazas da vila. Este xoves abriu o festival Jara Ortiz, cun espectáculo de conta contos para amosar aos máis pequenos que poden loitar polos seus propios soños.

No seu espectáculo, Jara Ortiz conta contos con perspectiva de xénero, fuxindo das historias tradicionais de princesas que teñen que ser rescatadas.

A artista combina os contos con música aumentando a atracción dos pequenos.

E ademais de gozar coa actuación, os máis pequenos captaron a mensaxe.

O festiclown programa cada día 4 espectáculos, alternando entre artistas máis consolidados e outros máis novos. Para os que comezan é unha gran oportunidade.

Ademais de Jara tamén actuaron este xoves Moniquiña, Rojo Telón e Kanbahiota. O festiclown continuarán enchendo de diversión as rúas de Vilagarcía ata o domingo 21.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí