Un terreo situado nos arredores da parroquia de Adina convertirase nun gran espazo público

    Un novo terreo na parroquia de Adina pasará a ser propiedade do Concello de Sanxenxo. A parcela, situada nos arredores da igrexa convertirase nun espazo público para uso de tódolos veciños. As obras comezarán a principios de ano e estarán rematadas no verán.

    Unha parcela de máis de oito mil metros cadrados situada no entorno da igrexa de Santa María de Adina convertirase nun fermoso espazo público. Os terreos pasan a formar parte do Concello de Sanxenxo mediante un convenio procedente dos  aproveitamentos urbanísticos. 

     

    As obras comezarán a principios de ano e está previsto que rematen para o verán. O espazo constará  dun parque, xardíns, bancos e un campo das festas para que os veciños da parroquia podan organizar as suas celebracións nun lugar máis seguro.  

     

    Por outra banda o concello continúa coa descentralización de parte dos seus servizos e concellerías. Dende esta semana a concellería de medio Ambiente está situada na parroquia de Vilalonga nun local alugado na rúa Vilar número un. Estas instalacións serán provisionais xa que a intención do Concello é que a sede definitiva desta concellería sexa a antiga tellería, o futuro centro de Interpretación da Natureza.

     

    Redacción Salnés