A Deputación da Coruña vén de sacar a concurso as obras para o saneamento de Trebonzos, Bealo, Comba, Nine e Boiro. O proxecto supón un investimento aproximado de 132 mil euros e o prazo de execución ascende a tres meses. As obras contemplan a canalización do saneamento e a súa unión ó ramal principal.
A ampliación do saneamento de Trebonzos, San Martiño, Bealo, Comba, Nine e Boiro contempla unha serie de actuacións presupostadas en case 133 mil euros. Entre elas, figura a canalización do saneamento de PVC en diámetros de 315 e a unión da rede ó trazado principal. Os metros lineais aumentados asecenderán a un total de 2.080 e instalaranse pozos de rexistro e arquetas así como as acomeidas a vivendas dende as tubería ata as fachadas ou peches de parcela.
Así mesmo, procederas eá construcción dun pozo de bombeo ó que se acometerán as canalizacións de saneamento de nova creación co obxectivo de poder elevar as augas residuais ata o colector xeral de xeito que deriven na estación depuradora existente. O pozo terá unhas dimensións de 1’40 metros de diámetro e 2’20 de altura. Estará conformado por aneis prefabricados de formigón en masa e no seu interior irán aloxadas dúas bombas sumerxibles trituradores.
No proxecto tamén se contempla as reposicións e reparacións dos servizos afectados. O prazo de execución para levar a cabo os traballos de mellora e ampliación da rede estableceuse en catro meses.
Readacción Barbanza