Un estudo medioambiental detecta 177 vertidos ilegais no río Umia

    CALDAS > O río Umia ten no tramo que vai da presa de Caldas ata a desembocadura 177 vertidos. Algúns moi chamativos como veremos agora e outros que non se ven pero que son tanto ou máis perigosos. Así o detectou a Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da Universidade de Santiago que fai un estudo sobre a situación do río para a Deputación de Pontevedra.

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou algúns dos puntos de vertidos ilegais situados na localidade de Veigas de Almorzar, en Caldas de Reis. No percorrido polas marxes do Umia estivo acompañado polo director da Estación de O Con, Fernando Cobo, e a comisión nomeada pola Deputación, e constituida por deputados do PP, PSOE e BNG, para facer un seguimento o devandito traballo medioambiental. O estudo, cuxas conclusións e medidas correctoras serán presentadas próximamente, identificou 177 vertidos ilegais, dos que só 7 son oficiais ou teñen constancia deles en Augas de Galicia. O traballo da Estación de O Con, dependente da Universidade de Santiago, determina, en canto á calidade das augas, que a maior carga contaminante sitúase nos concellos de Caldas de Reis, sobre todo,  e, en menor medida, no de Portas. A Deputación de Pontevedra encargou este estudo a instancias dunha moción presentada polo propio presidente, Rafael Louzán, o pasado mes de xullo con ocasión dun vertido que ocasionou a mortandade de miles de peixes no Umia. A institución provincial destinou ó traballo 41.000 euros. próximamente presentará públicamente as conclusións do estudo medioambiental así como as medidas correctoras previstas en colaboración con outras institucións.
    Redacción Salnés