A galería Sargadelos de Pontevedra aborda unhas xornadas sobre a muller labrega

    A galería Sargadelos de Pontevedra foi o escenario dunha charla coloquio sonre a situación da muller no rural galego. Nesta xuntanza profesionais do sector deron a sua visión sobre a vida das mulleres labregas e a sua problemática social e laboral.

    O mundo da muller no campo está dende tempos remotos esquecido pola sociedade e polas diferentes administracións. Algúns dos problemas ós que teñen que enfrontarse as labregas baseanse en loitar por manter os postos de traballo no campo, a falla de recoñecemento da profesión e  a pouca participación nas diferentes organizacións.

     

    Para esta coñecedora do mundo rural, o sector da agricultura e a alimentación está convertido nun gran negocio que exclúe ás mulleres. As políticas agrarias destinadas ás grandes explotacións non contemplan o xénero feminino senón que se basean en axudas ó home como cabeza da explotación. Unha indiscriminación que se deu a coñecer en Pontevedra para poder avanzar na igualdade tamén no campo.

    Redacción Salnés