O Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, visitou esta mesma tarde o concello de Boiro para manter unha reunión de traballo co grupo municipal do BNG. Na xuntanza tamén estivo presente a deputada autonómica e responsable da comarca do Barbanza, Ana Pontón.
A creación de chan industrial no concello de Boiro foi un dos temas principais abordados na xuntanza de traballo celebrada esta tarde entre os membros do grupo municipal do BNG e o delegado provincial de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas.
Os integrantes da mesa de traballo analizaron a situación da segunda fase do polígono industrial de Espiñeira que ocupará unha superficie de 177 mil metros cadrados, dos cales o Instututo Galego da Vivenda e do Solo xa ten adquirido 40 mil.
No transcurso da xuntanza tratáronse diversos temas relacionados coas necesidades do concello de Boiro en materia de vivenda e solo, como é a creación de vivendas sociais. Ata o momento, o concello procedeu á construción de 31 vivendas, das cales 13 xa están adxudicadas. O rexedor boirés, Xosé Deira, aproveitou a visita do delegado para plantexa a posibilidade da ampliación deste número de vivendas.
A visita de Xoán Carlos Bascuas enmárcase nun programa máis amplo de colaboración entre o concello de Boiro e o Instituto de Vivenda e Solo. Nesta liña, Xosé Deira te previsto entrevistarse proximamente co Diretor Xeral, Daniel Pino e coa Conselleira de Vivenda, Tareixa Táboas.
Redacción Barbanza