O auditorio de Vilagarcía acolleu a obra de teatro “La extraña Pareja”

    O divorcio está a orde do día nos tempos actuais, ¿pero qué ocorre cando varios homes divorciados deciden vivir xuntos para paliar a soidade?. A resposta a esta pregunta é un conxunto de situacións cómicas que dan como resultado unha obra de teatro. “La extraña pareja” dirixida por Juan Afonso representouse esta fin de semana no auditorio vilagarcián ante as risas dos espectadores.

    Neil Simon é o autor do maior éxito,  recoñecido mundialmente, tanto polas suas obras de teatro como polos seus guións e produccións cinematográficos. O autor da representación “la extraña pareja” non defraudou a ninguén. Óscar e Félix ámbolos dous divorciados deciden ir a vivir xuntos para paliar a súa soidade. Esta convivencia da lugar a situacións divertidas cunha solución que ven a amosarnos que esta  extraña parella incide en todo aquelo que lles levou o divorcio. As escenas habituais nos matrimonios forman parte da vida en común de estes dous personaxes que no fondo buscan a imaxe da esposa perdida. O final a historia remata coa separación dos amigos ainda que entre eles quedará sempre unha profunda amizade e o convencemento de que en xeral a  soidade non é facil.

     

    Redacción Salnés