MEAÑO> A mancomunidade do Salnés realiza o seu primeiro obradoiro de soldadura. Dezaoito alumnos estanse formando nesta especialidade. Entre elas 6 mulleres, destacando pola pouca participación feminina neste sector. Despois dunha formación de 80 horas poderán incorporarse a un oficio con numerosa demanda de emprego.
Os traballos de investigación e de estudo dos técnicos e técnicas da mancomunidade do Salnés levaron ao organismo comarcal a incluír á soldadura entre as formacións do seu plan integral de emprego. Ante a gran demanda do sector, a mancomunidade realiza o seu primeiro obradoiro en soldadura.
No obradoiro participan dezaoito alumnos do plan integrado de emprego. A formación práctica realizase en Meaño coa colaboración da empresa censol. Co curso, os participantes obterán unha homologación que lles permitirá dedicarse a soldadura.
No taller participan 6 mulleres, unha cifra destacada dada a pouca participación feminina neste sector.
O obradoiro non só está enfocado par aqueles principiantes. Os alumnos con algún tipo de formación tamén puideron aumentar os seus coñecementos.
Dende o concello de Meaño destacan a gran demanda e incursión laboral que existe neste sector.
A mancomunidade traballa da man coas empresas do sector para aumentar a formación dos participantes. Nas vindeiras datas, o organismo comarcal pechará os convenios coas compañías pero que os alumnos poidan incorporarse ao mundo laboral.