A Xunta renovará as cubertas do IES As Bizocas do Grove e do C.E.I.P. de Vilaxoán

O GROVE> A xunta de Galicia mellorará as cubertas do IES As Bizocas do Grove e do colexio de Vilaxoán. Ambas obras terán un investimento total de máis de 400 mil euros. A actuación permitirá eliminar os problemas de humidades dos centros e aumentar a seguridade do alumnado.

A Xunta de Galicia saca a licitación as obras para mellorar as cubertas do IES As Bizocas do Grove e do C.E.I.P de Vilaxoán en Vilagarcía. Os centros presentan numerosas deficiencias que fan necesaria unha actuación para reformalos. Administración autonómica atende así as demandas da comunidade educativa.

Ambas intervencións terá un investimento superior aos 400 mil euros. As obras permitirán mellorar o confort nos centros e arranxar problemas das instalacións.

Para os centros é un intervención moi importante que permitirá mellorar as instalación e aforrar custos.

As actuación sairán hoxe a licitación para que as obras poidan levarse a cabo durante o verán. Deste xeito evítase interromper as actividades lectivas do centro. Ademais das melloras deste centro, a consellería tamén realizará outras actuacións nos concellos de Sanxenxo e Vilanova.