Garbanzo de Prata para O Crisol de O Grove

    O restaurante O Crisol de O Grove sumou un novo recoñecemento. Unha sociedade gastronómica de Nova Iorque deulle o Garbanzo de Prata, que recoñece tanto a excelente calidade da súa cociña, como a atención ó cliente. Digna Prieto recolleu con emoción o galardón.

    O restaurante O Crisol está situado na zona portuaria de O Grove, preto da confraría. Ata alí se achegaron na noite do venres varios membros da Sociedade Gastronómica “Garbanzo de Prata” de Nova Iorque para entregarlle a Digna Prieto o recoñecemento que xa recibiron prestixiosos locais de toda España. Os membros da sociedade gastronómica que entregaba o premio destacaron a excelente cociña, o bo trato e os anos que Digna Prieto leva frente ó negocio como méritos suficientes para recibi-la homenaxe.  A homenaxeada recolleu o galardón moi emocionada e apenas puido decir nada. Pero sí llo agradeceu ós membros da sociedade gastronómica como mellor sabe: cunha excelente cea no seu restaurante que leva máis de 60 anos satisfacendo os padales máis esixentes.

    Redacción Salnés