![]()
Os comuneiros de Oubiña celebraron por todo o alto o arquivo do expediente aberto conta máis de 70 veciños por supostas irregularidades fiscais. A denuncia remóntase á venda do monte para construí-lo polígono industrial de Sete Pías.
Así celebraban os veciños o arquivo do expediente aberto en Facenda por supostas irregularidades fiscais no cobro de indemnizacións pola expropiación no ano 2001 do monte comunal de Oubiña. Os 73 propietarios afectados cobraron algo máis de medio millón de pesetas que se utilizaron para facer diversas obras na parroquia. O resto de propietarios repartíronse 191.000 euros ós que se lles aplicou o IRPF e o Imposto de Sociedades. Pouco despois Facenda abríalles ós primeiros un expediente. Os comuneiros aseguran que a denuncia foi feita polo BNG por temas políticos, xa que entre os afectados 0.00 estaba o alcalde, José Manuel Cores Tourís e piden agora rectificacións públicas ós que levantaron o rumor. Os comuneiros afectados aseguraron que nunca dubidaron de que a súa actuación foi correcta e agradecen tamén o traballo dos avogados que presentaron alegacións contra as notificacións de Facenda nas que se lles reclamaba o pago de case 112.000 euros. Agora queda demostrado que non houbo ánimo de defraudar e que as comunidades de montes non son equiparables ás comunidades de bens, como eles sempre sostiveron.
Redacción Salnés






