Martin Códax delebrou esta fin de semana, por tódolo alto, a súa Festa da Vendima. Medio millar de socios lle rendíron culto a Virxe das Viñas pola grande colleita deste ano. Despóis dos actos relixiosos pasaron a distinguir ós cooperativistas do ano e ós amigos de honra da adega, dos que destacou o presidente da deputación Rafael Louzán.
A Festa da Vendima da cooperativa Martin Códax é un acto moi esperado por tódolos socios. Preto de medio millar de persoas agradeceron a gran colleita deste ano á Virxe das Viñas en compañía de amigos e compañeiros. Aproveitando esta celebración a Xunta Directiva pasou a premiar a labor dos socios máis destacados durante a presente campaña. Un premio ó traballo e á aposta pola calidade da uva, materia prima indispensable para elaborar os caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas. Deste xeito distinguiuse a Ramiro Sotelo Aragunde, Juan Martinez Baúlo, Olga Pereira Penedo, Julia Rey Prego e Elvira Rey Villanueva. A directiva considerou un ano máis a importancia de agradecer as persoas e institucións que axudaron a Martín Códax a medrar como empresa e mellorar no sector.
O amigo de honra máis destacado deste ano foi o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán que recibiu o galardón da man do vicepresidente da cooperativa, Ramón Barral Maquieira. Outro dos grandes premiamos foi Modesto Valle Blanco pola súa labor coa adega que a cooperativa adquiriu na zona leonésa do Bierzo.
Ademáis foron premiados Jose Ramón Meiriño González e Alfonso Ruano Prieto. A maior parte dos socios acudíron a este encontro que finalizou cun xantar de confraternidade no salón de actos da adega.
Redacción Salnés