O Chassé Centro Artístico celebrará o venres no auditorio de Ribadumia a súa gala de final de curso

RIBADUMIA> O Chassé centro artístico de Ribadumia prepárase para a súa gala de final de curso. Máis de 130 alumnos actuarán o vindeiro venres no auditorio da vila a partir das 7 da tarde. Os bailaríns e as bailarinas presentarán coreografías en diferentes disciplinas onde destaca o alumnado de Pole Dance.

O Chassé centro artístico de Ribadumia recuperará este ano a súa gala de final de curso. Tralo parón obrigado pola pandemia, os bailaríns e bailarinas da escola que dirixe Eva Lede, volverán a mostrar todo o aprendido nunha cita que se celebrará no auditorio da vila.

En total serán máis de 130 alumnos os que presentarán as súas coreografías na gala de Ribadumia.

Na gala mostraranse algunhas das modalidades de baile que se practican no centro artístico Chassé.

Para a gala, as bailarinas e bailaríns levan preparándose dende o mes de xaneiro. As coreografías serán variadas e adaptadas ao nivel de cada alumno.

O Chassé centro artístico pechará o curso coa súa gala final pero as ensinanzas non se deteñen. O centro ten aberta a inscrición para todas as persoas de máis de 3 anos que queiran practicar calquera modalidade de baile, agás o Pole Dance, que é a partir dos 7 debido as súas características.

O auditorio de Ribadumia abrirá as súas portas este venres ás 7 menos cuartos para o público. A función comezará a en punto e a entrada é gratuíta e aberta para todos e todas as que queiran gozar do traballo e habilidades das bailarinas e bailaríns do Chassé Centro Artístico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí