Juan Fajardo repite por cuarta vez como candidato de EU á alcaldía

    candidato_eu100.jpgVILAGARCÍA> Juan Fajardo repetirá como candidato á alcaldía de Vilagarcía por EU. A asemblea comarcal desta formación designou o seu cabeza de cartel …

    … na reunión celebrada esta fin de semana.

    Esta será a cuarta vez consecutiva que Fajardo se presenta ás Municipais. A primeira vez non conseguiu representación na corporación, na segunda acadou un só escano e na terceira sumou outros dous edís máis. Unha progresión que esperan que vaia en aumento para acadar en 2011 6 ou 7 concelleiros. E é que o obxectivo que se marcan é conseguir ser a máis votada en Vilagarcía de entre as candidaturas da esquerda.

    Fajardo baseará a súa estratexia política a partir de agora nunha oposición frontal ás medidas de axuste económico emprendidas polo Goberno central. En canto a posibles pactos despois das municipais, con PSOE ou BNG, Esquerda Unida mantén tódalas posibilidades están abertas, máis se eles son a forza máis votada da esquerda e se fan coa alcaldía vilagarciá.

    Na asemblea desta fin de semana tamén se elixiu a Ramón Bueno como novo coordinador comarcal, quen xa anunciou unha resposta dura e na rúa contra o decreto anticrise de Zapatero.

    Redacción Salnés