O Instituto de Educación Secundaria de Vilalonga celebrou hoxe o seu vixésimo quinto aniversario. Durante a xornada, que contou con varias autoridades, descubriuse unha placa conmemorativa e houbo actuacións: a do humorista Fredi Crujer e mailo grupo Ardentía.
O instituto de educación secundaria de Vilalonga vestiuse hoxe de longo para conmemorar o seu 25 aniversario. Nunha xornada dedicada a celebrar as vodas de ouro, foi descuberta unha placa conmemorativa na que quedou constancia desta data histórica para o centro.
No acto, estiveron presentes distintas autoridades que aproveitaron a visita para facer un percorrido polas instalacións. O delegado de Educación, Cristóbal Fernández, destacou durante a visita o seu compromiso de velar pola calidade do ensino público.
Tamén estivo o alcalde de Sanxenxo quen destacou a labor de Ramón Guisasola cando era rexedor da vila para que este centro fora construído en Vilalonga. Bromeando, Telmo Martín salientou tamén a calidade da ensinanza impartida no instituto.
Un dos primeiros profesores cos que contou o centro comentábanos algunhas das principais diferencias que atopaba entre o instituto agora e fai 25 anos.Durante a celebración do acto houbo espazo para a cultura, ademais do cómico Fredi Crujer, actuaron tamén os vigueses Ardentía.
Redacción Salnés