Unha candea provoca un incendio que obriga a desaloxar ó menor que permanecía no inmoble

    CAMBADOS > Un incendio nun inmoble no centro de Cambados sobresaltou ós veciños esta tarde. O lume iniciouse nun dormitorio, no que se atopaba un mozo menor de idade. Ó parecer foi a lapa dunha candea

    …a que prendeu nas roupas da cama. Protección Civil sofocou as lapas e o mozo foi trasladado ó centro de saúde Cambados para un recoñecemento aínda que non presentaba feridas de consideración.incendiocambados_300_160407.jpg

    Arredor das seis desta tarde algúns veciños da céntrica rúa do Pombal, en Cambados, sobresaltábanse polo fume que saía por unha das fiestras dun terceiro piso. No lugar personáronse, en poucos minutos, unha dotación da Policía Local e de Protrección Civil, que de forma conxunta e con un extintor de man, conseguiron apagar as lapas que invadían un dormitorio máis a cociña.

    Intoxicación

    Pouco despois chegaban ó inmoble a Garda Civil e Bombeiros do Salnés, que refrescaron os restos calcinados e ventilaron o inmoble. Unha ambulancia trasladou a Juan Carlos Lizcano, o mozo colombiano de 17 anos que deu a voz de alarma, ata o Centro de Saúde de Cambados por unha intoxitación leve por inhalación de fume. Segundo explicou o mozo ós axentes, atopábase só na casa e tropezou cunha candea que tiña acendida no dormitorio que prendeu lume na alfombra e a roupa de cama.

    Algúns veciños permanecían no exterior do edifico aínda que aseguraron non ter visto o inicio do incendio e destacaron a rapidez sofocaron as lapas.

    Redacción Salnés