SANXENXO> Sanxenxo retira milleiros de quilos de lixo grazas ao punto limpo móbil cedido pola Xunta de Galicia. A furgoneta de recollida trasládase dunha parroquia a outra recollendo residuos como sandwicheiras, lavadoras ou secadores. Para que máis concellos se sumen á recollida de lixo, a Xunta porá a disposición dos concellos 18 millóns de euros en diferentes liñas de axuda.
En marzo de 2020 a xunta de Galicia dotou a Sanxenxo cun punto limpo móbil. Dende entón, a furgoneta de recollida trasladouse polas parroquias de Padriñán, Vilalonga, Adina e agora Dorrón con gran éxito de recollida. En pouco máis dun ano, o punto retirou milleiros de quilos de residuos.
Nas diferentes parroquias o punto limpo móbil retirou numerosos residuos diferentes como pilas, luces de nadal, mandos de televisión ou lavadoras, pero o que máis recolleu foron sandwicheiras e secadores.
O punto limpo móbil é unha das iniciativas que cada ano a Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos. Para favorecer a reciclaxe e a recollida de lixo, o goberno autonómico porá a disposición dos concellos novas liñas de axudas.
O proxectos destas axudas irán destinados a implantar o quinto contedor. Ademais a xunta tamén sacará outras liñas de axudas para a compostaxe e para mellorar a recollida de aceites usados.