![]()
SANXENXO > O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, inaugurou a planta satélite de Gas Natural licuado en Fontoira…
…no concello de Sanxenxo. Un infraestructura que se enmarca na terceira fase de gasificación de Galicia e que supuxo un investimento de máis de un millón de euros. A meta é que cada vez máis veciños podan gozar desta fonte de enerxía limpa e segura. Con este xesto inaugurou o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, a planta satélite de gas natural de Sanxenxo.
Esta simbólica apertura enmarcase, segundo o conselleiro, no esforzo tanto da consellería como de Gas Galicia por dotar á nosa comunidade das infraestructuras enerxéticas que merece. O director xeral de negocios regulados de Gas Natural, Antonio Peris, o tenente de alcalde de Sanxenxo, Francisco Villaverde e o director de Gas Galicia, Juan José Picón acompañaron ó conselleiro na súa visita a esta planta satélite. O orzamento total deste proxecto foi de un millón douscentos mil euros e a consellería participou aportando un total de 280.500 euros. Segundo esta administración este investimento multiplicarase por dez de aquí o ano 2009.
En tan só uns días empezará a funcionar esta fase que conta cunha lonxitude de 7 quilómetros. Gas Natural asegurou que ten programados investimentos de máis de dous millóns de euros na zona e recordou que Areas, Baltar, Fontoira, Nanín, Padriñán e Portonovo terán acceso ó gas natural no vindeiro exercicio.
Redacción Salnés







