VILANOVA> É xa toda unha tradición en Caleiro. Trátase do vídeo de presentación das Festas de San Isidro o Labrego, unha peza audiovisual coa que a comisión de festas inicia a conta atrás para un dos días máis agardados nesta parroquia vilanovesa.
Este ano, fano cunha parodia da Casa de Papel. A festa vai ser o 17 de maio, incluíndo entre as súas propostas o reparto de chourizos con pan de millo ou o tradicional desfile de tractores.