RIANXO > O solar da antiga fábrica de conservas O Castelo en Rianxo acollerá proximamente unha urbanización residencial de dez chalés adosados e diversas vivendas. Esta parcela, que actualmente atópase en ruinas e cuberta pola maleza, está situada nas inmediacións do porto rianxeiro, xunto ó club náutico.
A empresa promotora do proxecto, a Inmobiliaria Tanxil, xa iniciou a venta das primeiras vivendas que se ubicarán na moderna zona residencial que se construirá no entorno da antiga conserveira O Castelo.
Das ruinas existentes na actualidade no solar, soamente so conservarán as dúas emblemáticas palmeiras que marcarán a futura entrada da urbanización.
Na primeira fase construiranse un total de dez chalés adosados que contarán con dous ou tres dormitorios e dúas prazas de garaxe. O prazo fixado para a conclusión desta fase incial remata a mediados de 2007.
Para a segunda fase está prevista a construción de 72 vivendas, divididas en pisos, estudos e apartamentos. Así mesmo, construirase unha piscina ó aire libre, xardíns e unha cafetería. O proxecto inclúe ademais a rexeneración do entorno e a construción de accesos e estradas.
A zona a edificar constitúe un lugar histórico posto que durante a Guerra Civil converteuse nun campo de concentración. A factoría foi abandonada definitivamente en xuño de 1939 e, co tempo, foise reducindo a ruínas.
Redacción Barbanza










