BOIRO> Nolo Romero prepara xa a súa participación no Campionato do Mundo de Hyrox que se celebrará o vindeiro 28 de maio na cidade de Manchester.
Á cita acudirá xunto a Sergio Monteagudo, participando na categoría de dobres máster 40.
A pesar de levar apenas ano e medio competindo nesta modalidade deportiva, Nolo Romero é xa un referente a nivel nacional.
No último torneo, disputado a pasada fin de semana en Málaga, lograron rebaixar en cinco minutos a marca realizada en Madrid, que lle permitiu o seu pase á cita mundialística.
Aínda que a moitos non lle soe, o hirox é unha disciplina de entrenamento funcional en auxe a nivel internacional e que está tendo, ultimamente grande repercusión en España. Consiste nunha combinación entre running e exercicios típicos de CrossFit.
A Manchester chega cun claro obxectivo: pelexar polo podio na súa categoría, algo que a xente que o coñece non o discute…