Luz verde á municipalización do aparcadoiro do Centenario

RIBEIRA> Luz verde á municipalización do aparcadoiro do Centenario en Ribeira. O pleno aprobou inicialmente o expediente que contempla a creación dunha comisión de estudo que avale a xestión pública desta instalación.

Dende a súa inauguración en 2006, o aparcadoiro do Centenario arrastrou unha serie de problemas que finalmente acabaron coa empresa concesionaria inmersa nun proceso concursal e sen prestar servizo a tempo completo. O concello iniciou entón o proceso para o rescate da concesión co obxectivo de asumir a xestión directa desta infraestrutura.

A corporación aprobou no pleno extraordinario deste mediodía o expediente de municipalización que contempla a creación dunha comisión formada por persoal técnico e representantes municipais encargada de elaborar unha memoria xurídica e socioeconómica que avale a xestión directa do aparcadoiro.

Durante o pleno abordáronse tamén outros puntos da orde do día como a renuncia do concelleiro do PBBI, Miguel Ángel Vázquez por motivos laborais ou a aprobación dos proxectos  a incluír no POS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí