Comezan as semifinais do Premio de Cociña Rías Baixas 2005 no Grove

    O GROVE > Un xurado de expertos no mundo da hostalería desprazáronse esta tarde ata o Grove para comezar a avaliación dos pratos presentados á primeira edición do Premio de Cociña Rías Baixas 2005. Turismo Rías Baixas convocou este certame dirixido ós restaurantes da provincia. Entre os semifinalistas hai un restaurante do Grove, outro de Cambados e outro de Sanxenxo.

    Uns cartos que serán entregados ó restaurante que co seu prato logre conquistar a este esixente xurado. Representantes da Asociación de Restaurantes Lareira, da Asociación de Mâitres de Galicia, do grupo Nove ou da asociación provincial de hostalería de Pontevedra, entre outros destacados persoeiros do sector comezaron hoxe no Grove a rolda de proba dos pratos que determinará o seu veredicto final.

    Dos vinte restaurantes da provincia que se presentaron a concurso, só seis pasaron á semifinal grazas a uns pratos que combinan o tradicional coa innovación pero que teñen un ingrediente común nesta primeira edición do premio: o mexillón, un molusco que admite varias posibilidades de cociña.

    O Restaurante Don Mexilón 2 do Grove decantouse polo mexillón con albariño, un exquisito prato que poden degustar no establecemento meco polo módico prezo de seis euros e medio mentres o xurado determina cales serán os tres pratos que pasen á finalísima.

    Redacción Salnés