![]()
GALICIA > A Xunta de Galicia non dá marcha atrás e reafírmase nas cifras sobre as hectáreas queimadas na vaga de incendios forestais. Rexeitan as presentadas polo PP e anuncian que de inmediato se empezarán a rexenerar as zonas danadas. Medio Rural cualificou a medición do PP realizada polo portavoz no Congreso, Eduardo Zaplana, de despropósito xa que cifraba en máis de 180.000 as hectáreas de terreo queimadas.
Os populares aseguran teren contabilizado as hectáreas en datos tomados dunha web dunha empresa privada de cartografía baseados en imaxes extraídas da NASA. Medio Rural precisa ó respecto que, na súa páxina, a mesma axencia espacial norteamericana especifica que as fotos dos seus satélites non serven para calcular superficies queimadas en incendios forestais.
Segundo isto a Xunta reafírmase nas 77 mil hectáreas provisionais á espera da medición de campos de campo dos incendios de maiores dimensións. A consellería que dirixe Suárez Canal anuncia que comezará ‘de inmediato’ unha campaña de rexeneración progresiva das zonas queimadas. Consistirá na implantación dunha cuberta herbácea protectora da erosión e a posterior re-vexetación.
A aplicación de medida
s para evitar a degradación dos chans das zonas queimadas é un labor urxente. A erosión podería arrastrar cinzas, capas orgánicas do chan e sementes imprescindibles para a re-vexetación. Neste sentido Medio Ambiente asegurou que as primeiras chuvias tralos incendios non provocaron arrastres ‘significativos’ de cinzas e outros elementos nin ós ríos nin ó mar.
Redacción Salnés









