‘Sanxenxo na historia’ busca ensalzar a cultura da vila

    fotolibrosanxenxocopia.jpg SANXENXO> Trátase dunha obra editada polo Foro Galicia Milenio que pretende recuperar a difusión do patrimonio cultural.

    {flowplayer}images/salnes/LibroSanxenxo.flv{/flowplayer}

    O Foro Galicia Milenio, a través do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo editou este libro que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio cultural desta vila mariñeira.

    Á presentación desta obra asistiu tamén o director xeral do libro, Francisco López, que quixo destacar a importancia de Sanxenxo non só como destino vacacional senón tamén pola súa riqueza cultural .

    Tamén estiveron presentes neste ato de presentación a deputada popular Begoña Estévez e a alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, que destacou a importante labor dos alcaldes para difundir a cultura dos seus pobos.

    O libro está estruturado en tres capítulos; arte e patrimonio relixioso, turismo e cultura; e Sanxenxo entre a realidade e a lenda. Está dispoñible por un módico prezo de 10 euros.

    Redacción Salnés