EMGROBES repartirá este Nadal 5.000 euros en vales de compra

    O GROVE > EMGROBES repartirá este Nadal entre os seus clientes 5.000 euros en vales de compra. A directiva da asociación presentou esta mañá a campaña de promoción do Centro Comercial Aberto DE TENDAS do Grove. Trátase de inventival as compras destas datas no comercio local, tal como indicou o presidente de EMGROBES, Juan Búa.

    Desde hoxe e ata o vindeiro 6 de xaneiro os establecementos asociados ó Centro Comercial Aberto DE TENDAS do Grove repartirán unha serie de boletos entre os seus clientes. Nesta campaña de Nadal EMGROBES repartirá 5.000 euros en vales de compra.

    O día 10 de xaneiro farase o sorteo, establecéndose un premio de mil euros, catro de cincocentos e outros vinte de cen euros cada un. Os premiados terán logo sesenta días para consumir os vales de compra en tódolos establecementos asociados, tal como establecen as bases da campaña. A directiva de EMGROBES espera repetir o éxito recollido no Nadal pasado.

    Redacción Salnés