Gonzalo Durán: ‘Non creo na boa fe do alcalde de Vilagarcía’

    VILAGARCÍA>

     

    Continúa a fronte Vilanova Vilagarcía polo procedemento urbanístico realizado para instalar unha gran área comercial nos terreos da antiga Megasa. Tras asegurar onte o alcalde vilagarcián que o estudo de detalle era o trámite axeitado xa que só se facía unha distribución de volumes, o rexedor vilanovés insistiu hoxe na ilegalidade do proceso, xa que o documento recolle a creación dun vial e elimina unha zona afectada por patrimonio.

     

     

    O alcalde de Vilanova segue avivando o enfrontamento co concello de Vilagarcía a propósito dos trámites para a suposta implantación dun centro comercial nos antigos terreos de Megasa. O  luns insistía no ilegal de realizar a adecuación urbanística da parcela mediante un estudo de detalle, e onte o alcalde de Vilagarcía respondía que este era o trámite axeitado posto que só se trataba de marcar volumes. Pois ben, esta mañá, planos en man e co PXOM de Vilagarcía á vista, Gonzalo Durán trataba de afianzar os seus argumentos: o estudo de detalle inclúe modificacións do trazado viario que só se poderían realizar mediante unha modificación puntual das normas urbanísticas.

     

    Pero hai máis. Segundo Durán, o PXOM de Vilagarcía contemplaría que parte da parcela está afectada por Patrimonio. Unha afectación que no estudo de detalle non aparece.

     

    O alcalde de Vilanova recoñece que el non é experto en Urbanismo, pero que o alcalde vilagarcián si traballaba neste departamento do concello de Vilagarcía cando se redactou o informe.

     

    Insiste Gonzalo Durán en que pedirán informes en Patrimonio e indagarán se se contou co visto e prace de Fomento para facer esas modificacións de viais. Di que non se opón a que se constrúao  centro comercial, pero si a que non se faga de acordo á lei. E insiste en librar de toda culpa ó anterior alcalde popular, Tomás Fole, quen impulsou o estudo baixo o seu mandato.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/DURANMEGASA2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/DURAN_MEGASA.mp4{/flowplayer}