A Xunta inviste máis de 700 mil euros na creación dunha senda peonil na PO 548 en Valga

VALGA> A xunta de Galicia inviste máis de 700 mil euros na creación dunha senda peonil na PO 548 en Valga. O proxecto actuou nun treito de máis dun quilómetro nunha zona onde se atopa o colexio Xesús Ferro, o pavillón municipal e a igrexa de Santa Columba. A pesar de que a senda xa está rematada, queda pendente a colocación de dúas pasarelas, xa que debido a situación do terreo foi necesario facer unha modificación do proxecto.

O acceso peonil ao colexio Xesú Ferro Couselo de Valga é xa moito máis seguro. A xunta de Galicia investiu máis de 700 mil euros para crear unha senda que permita aos peóns transitar pola zona con total seguridade.

Dende Valga destacan a importancia desta senda pola núcleo no que se atopa. Xa que na zona está situados, ademais do colexio Xesús Ferro Couselo, o pavillón municipal e a igrexa de Santa Columba.

O proxecto actuou sobre unha superficie de máis dun quilómetro, creando ou ampliando as beirarrúas e mellorando todas os sistemas de canalizacións.

A obra queda pendente da colocación de dúas pasarelas que non puideron instalarase debido a que a situación do terreo obrigou a facer unha modificación do proxecto. Ademais destas pasarelas, a intervención completarase coa execución dunha glorieta que permitirá reordenar o tráfico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí