23 locais de Sanxenxo participarán na X edición do Concurso Sanxenxo Degusta Tapas

SANXENXO> O Concurso Sanxenxo Degusta Tapas celebrará a súa X edición. O evento gastronómico contará este ano con 23 establecementos que ofertarán 45 tapas. O certame terá lugar do 24 de maio ao 16 de xuño.

Un evento que crece cada ano e mellora a súa calidade. Deste xeito, Suso Suerio, presentou a X edición do Concurso Sanxenxo Degusta Tapas. O certame celebrarase do 24 de maio ao 16 de xuño.

Nesta edición participarán 23 establecementos que ofertarán 45 tapas. As degustacións divídense en tres categorías: Tradicionais, creativas ou de deseño.

O concurso sortea premios entre os clientes que proben as tapas nos diferentes locais. Segundo os selos conseguidos entrarán nas diferentes categorías do sorteo. As 23 primeiras persoas que entreguen o Degusta Tapas completo na Oficina de Turismo de Sanxenxo conseguirán unha comida ou unha cea para dúas persoas.

O prezo das tapas é de 2 euros e o resultado final, dentro de cada categoría, decidirao un xurado popular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí