![]()
VILANOVA > O alcalde de Vilanova mantivo unha reunión no Concello co Delegado de Traballo Pedro Borrajo. Tratábase dunha primeira toma de contacto na que se trataron as escolas obradoiro, as cooperacións entre ámbalas dúas administracións e os obradoiros de emprego.
A primeira xuntanza entre o alcalde de Vilanova e o delegado de emprego, Pedro Borrajo, desenvolveuse con moita cordialidade. Entre os temas tratados destacou a preocupación do concello polas escolas obradoiros, os obradoiros de emprego e as posibles cooperacións entre as dúas institucións.
Unha das peticións que o delegado enviará a Consellería é a xornada partida nos obradoiros de emprego co obxectivo de conciliar a vida familiar coa laboral. Trataríase dun proxecto piloto que se desenvolvería nos módulos de cantería, albanelería, fontanería e electricidade.
O Concello quedou moi satisfeito con esta primeira reunión considerándoa moi productiva para o futuro vilanovés en temas de emprego.
Redacción Salnés








